Friday 03 de May de 2024

O Concello de Laxe conmemorou o Día da Árbore


O Concello de Laxe conmemorou o Día da Árbore cunha plantación de especies autóctonas no Bosque da Insua.

O alumnado de quinto e sexto do CPI Cabo da Area recibiu, ademais, unha charla formativa e unha pequena simulación por parte da brigada forestal de como se actúa en caso de incendio.

A iniciativa realízase coa colaboración da consellería de Medio Rural, o centro educativo e a asociación Contramínate.